1. |
Pasaxe de Lenda a Mito
02:29
|
|
||
Fría noite
Fermoso treboar
Ar na fraga revela a túa ialma
Que reflicte no branco luar
Por moitos séculos estarán
Mitos e lendas aos que cantar
Galiza verde ao carón do mar
Un lugar que por sempre amarás
|
||||
2. |
Señor dos Escuros Dons
10:12
|
|
||
Secuaz da negra Morte
Brazo executor da súa vontade
Mestre das negras artes
E das máis abominábeis formas
Co dominio da mentira
Seus escuros propósitos son acadados
Apariencia bondadosa
Máis negros desexos de sometemento
Dono do máis absoluto poder
Que atará nas tebras a todo ser
A chave definitiva
Que sumirá o mundo nas sombras
Señor Escuro, no Trono Escuro
Na terra onde moran as sombras
Caudillo de ruinosas formas de vida
Pavor nas miradas dos que no seu camiño se topan
Loita final máis non definitiva
Non se pode matar á man dereita da Morte
Pois a súa existencia mora nun baleiro sen vida
*Ash Nazg durbatulûk
Ash Nazg gimbatul
Ash Nazg thrakatulûk
Agh burzum-ishi krimpatul
|
||||
3. |
Tebras da Montaña
09:36
|
|
||
Escuro gardián das aguas
Ás portas da montaña
Dende os confíns a súa entrada garda
Carraxe e bravura pra rompe-las
Ligaduras das súas ataduras
Empúrranos
Ao interior da eterna escuridade
Resplandor da débil chama que nos guía en soidade
Ante os nosos ollos
O lugar no que antes chamábamos fogar
Agora so morte atoparás
Longa viaxe de non retorno
A través das reliquias dun pobo
Pasos que nos guÍan
Cara unha linhaxe
Que defendeu a súa honra
Contra as fauces do horror
Bágoas de desacougo
Tambores no profundo
Hora de ergue-los escudos
Arcaico berro, devanceiros!
Bater das tebras do antigo mundo
Pavor de lume e finamento
Conxuro de chama imperecedoira
Protéxenos de tales males
Traxedia e pesar polos caídos
Tempo de proseguir
Os nosos camiños
|
||||
4. |
Gallaecia
07:08
|
|
||
Nados nos cumios galaicos
Fillos do fragor do vento
Natureza do sombrío e xeado val
Iluminado ao prácido luar
Afeitos a lidiar no sendeiro dos tempos
Cara a ferocidade do mar
Branco e azul ondean
Arroupados pola despracíbel tempesta
*Somos xente de Galiza
Onde a terra bica o mar-e
O que esquece as súas raíces
Perde a súa identidade
Coma os verdes campos
Que resisten os envites do inverno
A cor das follas do outono
A espesa brétema non agochará
Salvaxe espírito do indomábel xabaril
Ollo do sagaz corvo
Camiño percorrido na soidade do solemne lobo
Sacras hastas da esencia da fraga
Unidos baixo un berro
Denantes mortos!
Denantes mortos!
Denantes mortos!
Que escravos!
No confín dos ancestrais castros
Recanto de mística maxia
No extremo da terra
Denantes mortos!
Que escravos!
|
||||
5. |
|
|||
Frías voces do firmamento
Baseadas nas crenzas
Do medo e ferro
Agora presas
Na misticidade
Das pólas
Feitío da montaña
Onde o espírito
Agarda cauto
O camiñar da mordaz praga
Que con fachendoso andar
Condenada está a perdurar
Neste lugar
Frías voces do firmamento
Agora presas
Nas pólas
Corazón de pedra
Non é presa
Das vosas promesas
Ser puro
Rompeu as cadeas deste mundo
Conxuro liberador
Do santo fedor
|
Fólkvangr Records
US Based Black Metal Label
Purchase physical merch at
www.folkvangrrecords.com
Digital sales are set at $777 to encourage you to buy digital music directly from the artist.
For wholesale rates and album submissions please contact me below.
... more
Streaming and Download help
If you like Lendas Baixo o Luar, you may also like: